Blogia
Diario Artesano

Facer soar a madeira

<u>Facer soar a madeira</u> Pandeiretas, tamboril, ferriños, pitos, bombos. Múltiples elementos percutivos que demostran unha tradición musical ampla, parte dunha cultura que fixo da música un elemento integrador e enriquecedor.

Malia variedade de instrumentación de percusión existente, na realidade eran poucos os constructores de instrumentos de percusión que había en Galicia. Non existía tradición de luthiers.

Esta situación ten mudado nas últimas décadas coa revitalización da música tradicional, que motivou a aparición de constructores especializados nos instrumentos de percusión Na parroquia redondelá de O Viso ten o seu taller, Carlos Collazo, mais coñecido nos ambientes musicais galegos como "Carlos do Viso".

El aprendeu o oficio da man de Xosé Manuel Brañas, que é mestre do Obradoiro da Deputación de Ourense. Iniciouse coa construcción de pandeiretas e logo xa se estendeu ao amplo abano existente na música galega. Na actualidade, no seu obradoiro constrúense toda a variedade de instrumentos percutivos que forman parte da tradición galega, desde a clásica pandeireta ate os menos coñecidos como son as tarrañolas ou os pitos.
Segundo sexa o instrumento son necesarias unhas técnicas de construcción diferentes. No caso da pandeireta, o proceso iniciase co moldeado da madeira, que comporta un tempo de asentamento. Á técnica tradicional de curvatura da madeira sobre molde, nos últimos tempos ténselle sumado o proceso mediante o emprego dunha máquina que facilita o moldeado. De seguido realizase o asentamento para os ferriños, que soen ser latón. Logo estaría a construcción dun bastidor e dun agarre para as mans. Por último a instalación da pel, que precisa ser mollada e axustada, requirindo un período posterior para o secado. Sobre que instrumento resulta máis fácil de construír, Carlos Collazo sinala que " non hai ningún instrumento fácil, pois cando hai especialización os músicos esixen melloras". Non son poucos os que esixen unhas características concretas que melloran o sonoridade do instrumento. Estas melloras encarecen os instrumentos. Os prezos comúns móvense entorno ás dez mil pesetas para unha pandeireta e para un tamboril situase nas corenta e cinco mil pesetas e pode chegar" a onde queiras", sinala Collazo. Na construcción dos instrumentos de percusión sóense empregar madeiras de diferente textura, sendo as máis empregadas a madeira de arce, nogueira, cerdeira, e o piñeiro, aínda que este último limitase ás pandeiretas.
Desde O Viso saen numerosos pedidos para Galicia toda e mesmo para o mundo adiante, os países europeos ou os Estados Unidos soen ser lugares de destino. Xente galega hai en todas partes, mais tamén, ás veces, é xente de fóra que se achega á música galega. Entre os seus clientes destacan numerosos grupos de folk galego como Berrogueto, Chouteira , Uxía ou Os Carunchos

2 comentarios

redacción -

Bueno Rafa hay muchos mas idiomas universales como el frances, ingles, portugues... yo no creo que sea cuestión de entender o no entender es mas bien cuestión de querer entender o no.
Como veo que tienes problemas de comprensión te remito a esta pagina: http://copacabana.dlsi.ua.es/es/text.php. Solo tienes que copiar el texto de arriba y pegarlo en el taductor...las nuevas tecnologias sirven para muchas cosas...como para romper barreras o fronteras.
Por ultimo comentarte que esta pagina no pretendende ser el numero uno en las listas, preferimos la calidad a la cantidad (recuerda que somos artesanos) Y sobre todo la pluralidad.
Gracias por tu comentario.

Rafa -

Y mas gente os visitaria y se interesaria si pudiese entender lo que decis.
El Español es un idioma universal